miércoles, 10 de noviembre de 2010

Non perdades á familia Hoffman esta fin de semana

Esta fin de semana estaremos en Tui e Vilagarcía co espectáculo O segredo dos Hoffman.
Alguén se apunta a compartir unha boa historia connosco?

Venres 12 ás 21:30h no Teatro  Municipal Área Panorámica de Tui
Podedes mercar as vosas entradas na web:
http://www.culturatui.info/evento.php?filId=35&filLin=ga

Sábado 13 ás 21:30h no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.

Vémonos nos teatros.

3 comentarios:

Home Carneiro dijo...

podíades actualizar un pouco mellor a páxina esta, porque o último que souben por aquí foi que, supostamente, estabades co segredo dos hoffman hoxe, venres 19 de novembro, en vilagarcía... e agora resulta que foi onte...
teño pensado ir a padrón o sábado. pero aquí so dicides tui e vilagarcia...
que facemos?

lagarta lagarta dijo...

Ola, Nervo.
Agradecemos o teu comentario no noso blogue, e tomamos nota da túa queixa aínda que en ocasións non podemos actualizar con tanta asuidade como nos gustaría.
Efectivamente houbo un cambio de última hora na función de Vilagarcía, por causas alleas á compañía, pasando a ser o día 18 e non o día 19 como inicialmente estaba previsto.
En entradas anteriores tes as funcións previstas para o ano 2010 dos nosos espectáculos O segredo dos Hoffman e Cásting.
Máñá día 20 estaremos na Casa de Cultura de Padrón ás 20h e o domingo día 21 ás 19h no Edif Multiúsos de Monforte.
Saúdos!

Home Carneiro dijo...

grazas.
tampouco quería parecer cabreado nin nada así, comprendo que no mundiño do teatro ás veces se producen cambios de última hora e que non se pode avisar a tempo.
de todos os xeitos vémonos mañá en padrón!!