sábado, 11 de septiembre de 2010

Empeza a conta atrás do CÁSTING

Na recta final dos ensaios de CÁSTING informámosvos de que a estrea terá lugar o vindeiro venres 17 de setembro ás 20:30h no Pazo da Cultura de Narón. Estaremos tamén en Narón o día seguinte, o sábado 18 ás 20:00h.


Xa vedes que nesta ocasión contamos no elenco con María Bouzas, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rocío González e Alberto Rolán.
O espectáculo está dirixido por Rosa Álvarez.

Sabede que o Padroado de Cultura de Narón dispón de invitacións.
O teléfono de contacto é o 981 102 897 en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 20:00h a partires do luns día 13.

En próximas anotacións no blog daremos conta do calendario de funcións

No hay comentarios: