domingo, 20 de diciembre de 2009

Tertulia presentación de O segredo dos Hoffman en Ferrol

O vindeiro martes 22 de decembro estaremos coa Asociación de Amigos do Teatro Jofre nunha tertulia de presentación de O segredo dos Hoffman de cara á función do sábado 26 en Ferrol

Á tertulia acodirán Roberto Salgueiro, Rosa Álvarez, Ernesto Chao e Belén Constenla e estará moderado polo xornalista de Localia Ferrol Raúl Salgado. Conversaremos polo miúdo sobre a produción do espectáculo e faremos lectura dramatizada dalgunha escena.

A cita é ás 20:00h na Sala Ambigú do Teatro Jofre con entrada libre e gratuíta.





No hay comentarios: